Novas > Incoación da declaración do Pazo de Lourizán como Ben de Interese Cultural

Incoación da declaración do Pazo de Lourizán como Ben de Interese Cultural

O pasado 10 de maio publicouse no Diario Oficial de Galicia a resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa o procedemento para declarar ben de interese cultural inmoble, na categoría de monumento, co nivel de protección integral, o Pazo de Lourizán, situado no termo municipal de Pontevedra.

Coa incoación, comeza a aplicarse de forma inmediata e provisional o réxime de protección que establece a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, para os bens de interese cultural. Esta boa nova ten detrás un traballo multidisciplinar para a análise, documentación e delimitación, desenvolvido por Crecente Asociados nos últimos meses de 2022.

Neste enlace podedes consultar o decreto que contén nos seus anexos 1 e 2 unha detallada descrición do ben, do seu estado de conservación, dos seus valores culturais, dos seus usos, do seu réxime de protección e da súa delimitación.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais