Novas > Inicio das actuacións arqueolóxicas e de documentación 3D das Torres de Altamira

Inicio das actuacións arqueolóxicas e de documentación 3D das Torres de Altamira

No mes de febreiro de 2021 iniciáronse os traballos da primeira fase de actuación nas Torres de Altamira (Brión), promovidos pola área de Patrimonio da Deputación da Coruña e coordinados por Crecente Asociados.

Tras o desenvolvemento dos estudos arqueolóxicos previos, a empresa Terra Arqueos  procedeu a retirar a vexetación existente nos paramentos e contorna dos restos das construcións. Nun segundo momento, está previsto que o Laboratorio de Estudos do Territorio da Universidade de Compostela realice un mapeo cartográfico a partir de lidar-drone e láser escáner terrestre.

O obxectivo final é contar coa información precisa para desenvolver unha proposta de conservación e unha estratexia de dinamización, uso e posta en valor das Torres de Altamira, coherente coa súa importancia histórica, cultural e paisaxística.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais