Novas > Mesa de debate en liña "A Ribeira Sacra, da paisaxe cultural ao recurso turístico"

Mesa de debate en liña "A Ribeira Sacra, da paisaxe cultural ao recurso turístico"

No marco do seu programa de formación, Turismo de Galicia organiza a mesa de debate en liña "A Ribeira Sacra, da paisaxe cultural ao recurso turístico", dividida en dúas sesións. A primeira celebrouse o pasado 26 de maio baixo o título "Compartindo a Candidatura a Patrimonio Mundial" e serviu para presentar os bens e valores da paisaxe cultural de Ribeira Sacra, incluíndo unha reflexión sobre a importancia dunha boa conservación e dunha xestión eficaz, para rematar cunha referencia ao uso turístico da paisaxe cultural, a cargo de Mario Crecente.

Durante a sesión do día 26 presentouse tamén a versión dixital do formulario de proposta da inscrición da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial, que resume as claves que motivan a candidatura a través dun percorrido pola historia da paisaxe cultural e do seu valor universal excepcional, acompañado de material gráfico, planimétrico e audiovisual. Animámosvos a visitar o enderezo https://candidaturaribeirasacra.gal/

O próximo 30 de xuño terá lugar a segunda sesión da mesa de debate en liña baixo o título específico "Propostas para un manexo sostible", e contará coa participación de xestores e empresarios turísticos da Ribeira Sacra. Neste enlace está dispoñible máis información sobre o programa e os contidos.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais