Proxectos > 6 pés

6 pés

Cliente: Compañía privada

Temática: Aloxamento temporal

Descrición:

“6 pés” é a forma coloquial de denominar un tipo de hórreo característico de Galicia. O pé é tamén unha das mais entendidas unidades de medida de lonxitude e a empregada neste proxecto.

Os pés son os protagonistas do esforzo dos peregrinos, que percorren o Camiño de Santiago, os mais necesitados de coidados e atencións específicas. Seis pés é a medida dun paso completo.

Con estas referencias, denominase unha proposta singular para os Peregrinos no Camiño de Santiago, que ademais de prestar servizos de aloxamento e restauración nunha edificación contemporánea enraizada na tradición local, ofreza unha variada oferta de tratamentos.

Partimos da iconografía dun elemento do patrimonio cultural galego e presentamos un Eirado contemporáneo no que se agrupan.

Os novos hórreos concíbense como elementos prefabricados a partir dun módulo dun pé, construídos en madeira tratada, desmontables e reciclables. No seu interior contan cunha habitación dobre e un aseo segregado en ducha e inodoro, con todas as comodidades dunha habitación de hotel.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais