Proxectos > Plan de Dinamización de Produto Turístico "Terra de Celanova"

Ámbito de actuación: Mancomunidade Terra de Celanova. Ourense

Cliente: Mancomunidade Terra de Celanova

Temática: Planificación turística

Descrición:

O traballo refírese ao deseño dun Plan de Dinamización de Produto Turístico (PDPT) para a Mancomunidade Terra de Celanova. O obxecto da nosa reflexión é un territorio determinado, máis aló dunha delimitación administrativa. Unha mirada ampla e detida sobre este lévanos a profundar nos seus valores como conxunto, nas súas potencialidades, nas súas relacións co contorno, e no seus papel no Turismo da provincia e da Comunidade Galega, propoñendo actuacións nas diversas áreas e municipios, sobre a base da peculiaridade do mesmo, que sintetizamos no lema "historias da historia", e que profunda nas súas potencialidades históricas e literarias.

Desta lectura sae, ademais da proposta do PDPT MANCOMUNIDADE TERRA DE CELANOVA, unha máis complexa e de maior escala, referida a unha RUTA TURÍSTICA TRANSNACIONAL en honra á figura de San Rosendo, un PROXECTO CULTURAL para o ano 2007 na Comunidade Galega sobre esta figura e a súa época.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais