Proxectos > Plan de Uso e Xestión do Castelo de Soutomaior

Plan de Uso e Xestión do Castelo de Soutomaior

Ámbito de actuación: Castelo de Soutomaior

Cliente: Deputación Provincial de Pontevedra.

Temática: Planificación. Xestión Turística.

Descrición:

Por encargo da Deputación de Pontevedra, entre abril e xuño de 2014 Crecente Asociados desenvolveu o Plan de Uso e Xestión do Castelo de Soutomaior.

O Plan promove a posta en valor dos diversos recursos patrimoniais asociados ao Castelo: naturais, culturais e inmateriais, o conxunto da finca de Soutomaior, e o seu entorno, co obxectivo da súa dinamización turística e cultural, tendo en conta a tódolos axentes implicados.

Para o seu desenvolvemento, partiuse dunha análise do Concello de Soutomaior, inventariando e avaliando o seu patrimonio cultural e natural e a oferta e servizos turísticos. Posteriormente, estudouse a fondo o conxunto da Finca do Castelo, analizando a súa evolución histórica, arquitectónica e botánica, así como o planeamento, a xestión e os resultados en termos de visitas turísticas.

Diagnosticada a situación do Castelo, e tomando como a apoio o estudo de casos doutros castelos turísticos, o Plan formula unha serie de propostas organizadas en torno ás seguinte liñas estratéxicas:

  • Acesos e Accesibilidade
  • Atención ao visitante
  • Instalacións e mantemento
  • Servizos turísticos
  • Usos turísticos e culturais
  • Xestión interna
  • Financiamento

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais