Novas > Plan Director do conxunto do Hotel Pazo do Castro

Planificación

Plan Director do conxunto do Hotel Pazo do Castro

Crecente Asociados redactou o Plan Director do conxunto do Hotel Pazo do Castro, que parte do recoñecemento de todos os valores patrimoniais, culturais, naturais e inmateriais, característicos da edificación e o seu contorno, e define as actuacións necesarias para garantir o equilibrio harmónico entre a valorización patrimonial e o uso como establecemento hostaleiro.

O Plan Director incorpora un informe arqueolóxico da finca e o núcleo, un informe histórico da orixe do edificio e os seus valores, un estudo paisaxístico de e dende o Pazo, e un estudo de usos turísticos. Deste traballo de análise xorde un anteproxecto arquitectónico que formula propostas de ordenación do conxunto, sobre a base dun detallado estudo do estado actual da edificación, a súa finca e o contorno.

A solución proposta define un marco de acordo entre a posta en valor do conxunto palaciano e a súa finca, e as necesidades dun uso hostaleiro sostible e de calidade, que permita a conservación e o mantemento do patrimonio, así como a difusión e accesibilidade ao mesmo.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais