Plan director do Parque do Pasatempo (Betanzos)
Crecente Asociados gañou o concurso convocado pola Consellería de Cultura para a redacción do plan director do Parque do Pasatempo (Betanzos), documento que ten por obxecto definir o estado actual do monumento e desenvolver propostas para o seu mantemento, conservación, posta en valor e uso.
Para a execución dos traballos constituiuse un equipo multidisciplinar, formado por arquitectos, historiadores, enxeñeiros hidráulicos, restauradores, arqueólogos, expertos en botánica e paisaxistas, co apoio de especialistas en xeomática, turismo e informática.
O inicio dos traballos viu marcado por unha visita de equipo ao Parque do Pasatempo para recoñer o lugar e programar os traballos a desenvolver ao longo dos próximos 15 meses, prazo tras o que deberán estar finalizados todos os documentos que compoñen o Plan Director.