Proxectos > Plan Director do Xeodestino Terra de Celanova-Baixa Limia

Plan Director do Xeodestino Terra de Celanova-Baixa Limia

Ámbito de actuación: Xeodestino Terra de Celanova-Baixa Limia

Cliente: Concello de Muíños

Temática: Planificación. Participación. Turismo.

Descrición:

Entre outubro e decembro de 2015 Crecente Asociados elaborou o Plan Director do Xeodestino Terra de Celanova-Baixa Limia, concibido como unha ferramenta para articular a política turística a implantar no período 2015-2018, a través dunha estratexia global de actuación acorde ás tendencias da demanda.

Os traballos de gabinete desenvolvidos, así como as visitas de campo e as mesas de participación organizadas co sector público e privado, permitiron fixar como meta do Plan a necesidade de incidir na promoción e na comercialización do Xeodestino, mediante o asentamento das bases para a creación dunha "oferta de experiencias", sustentada por unha imaxe de marca competitiva.

Para orientar os esforzos á consecución da meta, establecéronse os seguintes obxectivos: Definir o sinal de identidade do xeodestino Celanova-Baixa Limia; Definir os produtos cabeceira capaces de dinamizar outros produtos; Optimizar os produtos e recursos existentes; Atraer máis e mellores turistas; e Transformar visitantes en turistas.

Tras a análise, diagnóstico e identificación de retos e recursos singulares, o Plan estableceu 4 liñas estratéxicas:

1. Creación de produto:

2. Imaxe e material informativo

3. Promoción e Comercialización

4. Dinamización

Cada unha destas liñas conta cunha serie de propostas, a cada unha das cales se asigna un orzamento e un calendario. O resultado é un conxunto de 18 propostas concretas a desenvolver no período 2015-2018, acompañado de recomendacións para a xestión do Plan.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais