Proxectos > Plan Director Monte Santa Trega

Ámbito de actuación: A Guarda. Pontevedra.

Cliente: Consellería de Cultura e Turismo. Xunta de Galicia.

Temática: Plan Director. Planificación. Urbanismo.

Descrición:

O Plan Director do Monte Santa Trega é un documento técnico que sirve de base para a ordenación e posta en valor do conxunto declarado Ben de Interese Cultural. Está estruturado en tres ámbitos: o coñecemento en profundidade dos seus diversos valores e recursos, con unha visión multidisciplinaria; a diagnose do estado actual das súas diversas partes, elementos patrimoniais e condicionantes socioeconómicos; e a proposta de actuacións e intervencións, que permitan a súa recuperación e activación. Este Plan, representa unha oportunidade para aplicar os novos conceptos de paisaxe cultural, e un reto no que o patrimonio nos seus diversos formatos, asume un novo papel como instrumento de desenvolvemento sostible.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais