Proxectos > Plan Especial do Parque Termal de Cortegada

Ámbito de actuación: Cortegada

Cliente: Concello de Cortegada

Temática: Urbanismo. Termalismo

Descrición:

Dado que o concello de Cortegada conta cunha poboación inferior a 5.000 habitantes e non conta con planificación xeral, a Lei 9/2002 permite a redacción dun Plan Especial para a execución de actuacións públicas que teñan como obxecto a creación de solo urbanizado, con destino a usos industriais, terciarios, de equipamentos públicos ou á construción de vivendas de promoción pública. Neste caso, o documento redactado ten como obxectivo a creación dunha área de dotacións termais, que permita unha utilización racional dos recursos naturais e reforce os usos de carácter termal, turístico e deportivo existentes, principalmente os dous balnearios.

Colaborador: Gau. Gabinete de arquitectura e urbanismo

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais