Novas > Presentación do libro "2000 años del Balneario de Lugo"

Publicaciones

Presentación do libro "2000 años del Balneario de Lugo"

O pasado mércores 21 de decembro presentouse na Casa de Galicia en Madrid o libro "2000 AÑOS DEL BALNEARIO DE LUGO: UN MODELO DE ACTIVACIÓN DEL PATRIMONIO TERMAL" (2000 anos do Balneario de Lugo: un modelo de activación do patrimonio termal), unha obra que foi posible grazas á colaboración dun significativo número de especialistas e ao apoio prestado a esta iniciativa por parte da propiedade do Balneario.

O resultado é unha publicación de setecentas páxinas que, ademais de facer un repaso de todos os estudos realizados sobre este establecemento, formula unha nova proposta interpretativa do conxunto balneario romano, acompañada de estudos arquitectónicos, da dixitalización do conxunto por medio do láser escáner 3D e dunha importante recompilación de material gráfico e documental, finalizando cunha hipótese de valorización do conxunto cara este novo século.

Compartimos convosco imaxes da presentación celebrada en Madrid, así coma unha ligazón á entrevista radiofónica concedida por Mario Crecente á Radio Nacional de España (a partir do minuto 14:44). Informamos de que o libro está á venda nas librerías Formatos (A Coruña), Trama (Lugo) e Aguirre (Lugo).

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais