Novas > Presentación do libro "Turismo Termal en España"

Publicaciones

Presentación do libro "Turismo Termal en España"

O mércores 4 de maio tivo lugar na Casa de Galicia (C/Casado del Alisal, 8, Madrid) a presentación do libro "Turismo Termal en España", publicado en 2015 pola Escuela de Organización Industrial (EOI) e elaborado por Crecente Asociados.

A apertura do acto correu a cargo de José Ramón Ónega, delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia. A continuación interviñeron Mario Crecente, autor do estudio; Javier Guillén, director xeral da Volta a España; Fernando Bayón, director xeral da EOI; e D. Manuel Baltar, presidente da Deputación Provincial de Ourense.

Igualmente, o 26 de maio no marco do congreso anual da Asociación Europea de Balnearios (ESPA), celebrado na cidade francesa de Vichy, abordouse a presentación da publicación dende unha perspectiva europea.

Compartimos convosco algunhas das entrevistas concedidas a diversos medios de comunicación durante a presentación do pasado 4 de maio.

Radio Nacional de España (a partir do minuto 4:05)

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais