Novas > Presentación do Plan Director e de Usos do Pazo de Quintáns

Planificación

Presentación do Plan Director e de Usos do Pazo de Quintáns

O pasado xoves 11 de febreiro Mario Crecente presentou no local da Comunidade de Montes de Noalla o Plan Director e de Usos do Pazo de Quintáns, encargado pola Deputación Provincial de Pontevedra. O Plan Director analiza a edificación desde os puntos de vista histórico, morfolóxico, xurídico, arqueolóxico e turístico e diagnostica as principais patoloxías da edificación, propoñendo un plan de usos e xestión e definindo unha proposta de ordenación xeral. Na seguinte ligazón está dispoñible unha nota de prensa sobre o acto publicada no Diario de Arousa.

http://www.diariodearousa.com/articulo/o-salnes/sanxenxo-concello-detalla-vecinos-potencialidades-pazo-quintans/20160211235529136412.html

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais