Proxectos > Proxecto de Rehabilitación e Adaptación do contorno do edificio Santo Anxo.

Proxecto de Rehabilitación e Adaptación do contorno do edificio Santo Anxo.

Proyectos

Ámbito de actuación: Ourense

Cliente: Concello de Ourense

Temática: Básico e de Execución. Urbanización

Descrición:

O ámbito de intervención deste proxecto sitúase no barrio do Couto, no Concello de Ourense, e comprende as calles: Ervedelo, Vila Real e Ensino, así coma o patio que se atopa entre o edificio Santo Anxo e a Avenida de Portugal. Como froito do traballo de análise incorpóranse as dúas vías perpendiculares a Ensino, a rúa Goya e a vía de unión coa calle Dalí.

O proxecto propón a posta en valor de dous inmobles, o edificio Santo Anxo, obra do arquitecto VáquezGulías, e o edificio da Fundación Villanueva (rehabilitado na actualidade como centro de servicios municipal), mediante a intervención e adaptación dos espazos públicos que os rodean, conseguindo unha imaxe homoxénea de conxunto, unha mellora da calidade do espazo público e unha cidade máis amable.

A primeira Fase que se levará a cabo, será a que contempla as actuacións nas rúas Ensino e Ervedelo, e na praza da Fundación Villanueva. O tratamento do eixe principal da calle Ensino consiste, fundamentalmente, nunha proposta de peonalización parcial e progresiva. O acabado superficial desta rúa realizarase mediante lastras de granito nos que se irán alternando transversalmente elementos de basalto, seguindo a secuencia determinada polo teclado dun piano. Estas pezas poderán albergar diferentes funcións, elevándose en forma de banco, formando parte da sinalética... e iranse desintegrando nas áreas de contacto de pedra granítica da rúa Ervedelo e a praza da Fundación Villanueva.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais