Proxectos > Reforma de edificación para Centro de Interpretación e Servizos da Feira de Parga

Reforma de edificación para Centro de Interpretación e Servizos da Feira de Parga

Proyectos

Ámbito de actuación: Guitiriz

Cliente: Asociación de Propietarios do Campo da Feira de Parga.

Temática: Básico e de Execución. Rehabilitación. Musealización.

Descrición:

Este proxecto de reforma consiste nunha remodelación dos locais existentes para albergar un novo uso de actividades relacionadas coa feira (centro de interpretación, área expositiva, pulpeira, despacho veterinario, oficina de correos, aseos públicos…).

As construcións de partida compóñense de dous volumes: un deles formado por unha gran nave a dúas augas con estrutura portante de muros de carga de ladrillo que sustentan cerchas de madeira de castiñeiro, sobre as que se apoia unha cuberta de lousa, e o outro volume, de menor altura, presenta unha estrutura de muros de cachotaría de pedra, sobre os que se apoia unha cuberta a unha auga de lousa de formigón. Sobre este esquema de volumes, suxírese a nova proposta, na que se fragmentan os espazos existentes, balizando transversalmente as naves para construír as novas estancias.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais