Novas > Reforma interior vivenda na Coruña

Reforma interior vivenda na Coruña

Recentemente finalizouse a execución desta reforma interior dunha vivenda no centro da Coruña.

Partimos dunha distribución excesivamente segmentada, con falta de luz natural no seu interior debido ao seu desenvolvemento nunha planta moi alongada que soamente capta a luz natural polos seus extremos curtos e un  programa que non se adaptaba os novos habitantes.

Con estes condicionantes, elaborouse un novo deseño de vivenda, mais diáfano e aberto cara as fachadas que aportan luz, ampliando estes espazos cara ao interior, onde se atopan a zona máis privada e de servizos. Adaptouse o espazo ás esixencias dos clientes mediante un programa de tres habitacións (unha delas con baño e vestidor), unha cociña-comedor (que fai tamén a función de zona de estar, coma nunha casa tradicional galega), un salón de descanso, dous baños, un lavadoiro - tendal e un almacén. 

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais