Novas > Rencontres Européennes du Thermalisme

Consultoría

Rencontres Européennes du Thermalisme

Do 14 ao 17 de novembro celebrouse en Aix Les Bains Riviera des Alpes (Palais des Congrès et Casino), o evento "Rencontres Européennes du Thermalisme", un punto de encontro dos principais organismos termais nacionais e internacionais.

Mario Crecente foi convidado a presentar o caso do Atlas do Patrimonio Termal de Europa, como Vicepresidente do Comité Científico de la Asociación Europea de Cidades Termais Históricas e responsable do desenvolvemento do proxecto.

Durante a súa presentación, Mario Crecente falou sobre o estado actual do Atlas e a necesidade de valorizar o patrimonio termal de Europa, unha das pedras angulares da cultura europea. Neste contexto, o ano 2018, declarado Ano Europeo do Patrimonio Cultural (EYCH2018) é unha oportunidade única para facer visible o seu papel como instrumento clave na creación dun sentido común da identidade europea.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais