Novas > Reunión do Consello Termal Ourensán

Reunión do Consello Termal Ourensán

O 24 de setembro celebrouse no salón de plenos do Pazo Provincial de Ourense unha nova xuntanza do Consello Termal Ourensán, órgano responsable de velar polo cumprimento do Plan “Ourense, Provincia Termal”.

Tras a inauguración da sesión por parte de Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación, interveu Francisco Conde, Conselleiro de Economía, quen presentou as liñas básicas do proxecto de lei de augas termais con fins lúdicos, aprobado polo Consello da Xunta en agosto deste ano, e que converte a Galicia en pioneira na regulación desta materia.

A continuación tomou a palabra Mario Crecente, quen repasou o estado de desenvolvemento do Plan “Ourense, Provincia Termal” e salientou os principais logros acadados, como os programas de termalismo social, o proxecto "Raia termal" ou as obras dos balnearios de Cortegada e Caldas de Partovia. Ademais, referiuse aos grandes retos pendentes da provincia, entre os que salienta a necesidade de dotar á cidade de Ourense dun Hotel Balneario. Compartimos o vídeo da súa intervención.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais