Proxectos > Revisión do Plan Estratéxico de Turismo de Santiago 2009-2015.

Revisión do Plan Estratéxico de Turismo de Santiago 2009-2015.

Ámbito de actuación: Santiago de Compostela

Cliente: Concello de Santiago de Compostela.

Temática: Planificación. Avaliación de indicadores. Ordenación do turismo.

Descrición:

Por encargo do Concello de Santiago de Compostela, entre setembro e decembro de 2016 Crecente Asociados levou a cabo a revisión do Plan Estratéxico de Turismo de Santiago 2009-2015.

A análise dos resultados iniciouse coa elaboración dun estudo dos datos estatísticos sobre turismo, en termos de oferta e de demanda, que permitiu detectar as tendencias do sector e diagnosticar o estado da capacidade de carga e de acollida da cidade. En paralelo, abriuse un proceso participativo para recoller o coñecemento e experiencia dos diversos axentes en contacto directo co turismo e coas medidas desenvolvidas nos últimos tempos.

Ademais, estudáronse outras iniciativas en marcha, tanto a nivel local como a nivel autonómico, velando pola integración e a maximización de sinerxías e realizouse unha aproximación ao grao de cumprimento das propostas formuladas no plan anterior.

Finalmente, realizouse unha primeira aproximación ás liñas estratéxicas e ás propostas de actuación a desenvolver para chegar ao Ano Santo 2021 cun modelo de destino turístico sostible desde o punto de vista ambiental, urbanístico, social, cultural e económico.

O informe resultante é, por tanto, o punto de partida para a futura definición das estratexias e actuacións que rexerán a política turística no período 2017-2021 e que permitirían dar resposta ás debilidades detectadas e deseñar accións en torno ás oportunidades que presenta a cidade.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais