Novas > San Martiño de Mondoñedo

Proyectos

San Martiño de Mondoñedo

A casa reitoral de San Martiño de Mondoñedo forma parte dun conxunto parroquial definido pola igrexa e os seus xardíns, e a reitoral e a súa finca. A igrexa de San Martiño foi declarada Monumento Nacional por un decreto do ano 1931, e a delimitación do entorno por decreto de 1998.

A reitoral en si, é unha edificación compacta de dúas plantas con cuberta a catro augas, composta de seis coxías, tres iguais na súa orientación norte, e tres iguais na sur. A conexión entre a reitoral e a igrexa prodúcese a dous niveis. Na planta inferior a través da actual sancristía abovedada, e na superior na “Cámara do Bispo”, con cuberta a dúas augas, e cun balcón sobre a nave lateral da igrexa.

O proxecto promovido pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, contempla obras de adecuación do inmoble, necesarias tras un período de tempo sen uso, e o seu equipamento e posta en servicio como soporte dunha colección visitable, para a interpretación do conxunto monumental.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais