Novas > Simposio Apuntando ao Mar

Simposio Apuntando ao Mar

Entre os días 9 e 11 de febreiro o teatro Jofre de Ferrol acolleu o simposio internacional Apuntando ao mar, organizado pola Deputación da Coruña, co obxectivo de estudar desde diferentes ángulos as posibilidades para a posta en valor das baterías costeiras e outro patrimonio militar situado no litoral.

O evento estruturouse en catro mesas e unha serie de visitas ao territorio. As dúas primeiras mesas tiveron como tema historia e patrimonio, mentres que a mesa 3 abordou o patrimonio militar costeiro desde o punto de vista da paisaxe e o medioambiente e a mesa 4 centrouse no estudo deste patrimonio desde a perspectiva do turismo e a súa xestión e desenvolvemento sostible.

Mario Crecente, coordinador da mesa 4, presentou o estado da cuestión da dinamización turístico-cultural do patrimonio defensivo costeiro a diversas escalas e deu paso a tres invitados que presentaron tres casos inspiradores para a dinamización da arquitectura defensiva. Fiorenzo Meneghelli compartiu o caso da liña fortificada de Venecia, Dirk Röder falou da rede Forte Cultura e Natasa Urosevic centrouse nas estratexias de xestión participativa en Pula.

O programa completo do evento e outros detalles están dispoñibles en https://apuntandoaomar.com/

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais