Proxectos > Talasogalicia

Ámbito de actuación: Costa galega

Cliente: Proxecto propio. Subvencionado pola Consellería de Innovación e Industria. Xunta de Galicia

Temática: Investigación

Descrición:

O proxecto de Investigación, LA TALASOTERAPIA COMO MOTOR DE DESARROLLOSOSTENIBLE PARA GALICIA (A talasoterapia como motor de desenvolvemento sostible para Galicia), propón un novo modelo para o desenvolvemento económico do litoral galego, partindo dos principais recursos mariños das súas costas, do coñecemento da poboación local e da reciclaxe de antigas construcións abandonadas de interese patrimonial: conserveiras, salgadoiros, baleeiras, etc., que singularice o conxunto da oferta turística galega, como destino atlántico e final do Camiño de Santiago, apoiándose na relevancia actual do seu SECTOR TERMAL.

Partimos dun estudio dos diversos modelos de talasoterapia no Mundo, Europa e España, e as tendencias de futuro; a análise da calidade das augas, as algas, as arease os peloides mariños galegos; a historia dos "baños de ola" en Galicia; e o estudo do complexo marco xurídico administrativo e competencial no contorno do litoral.

Como parte principal da investigación realizouse cun intenso e detallado estudo do litoral galego (1.740 km de costa), que se recolle nun Sistema de Información Xeográfico específico, que analiza os parámetros básicos que definen a idoneidade dun emprazamento: RECURSOS (calidade das augas, dos limos, intermareal, etc.) CONTORNO (infraestruturas, equipamentos, impactos, etc.), CALIDADE AMBIENTAL (paisaxe, asolamento, hábitats, etc.), LEXISLACIÓN (planificación urbanística, rede natura, costas, etc.), CONTEDORES (patrimonio, estado, acceso ou mar, superficie, etc.), IMPACTOS (polígonos industriais, granxas acuícolas, ríos, portos, etc.) sobre a base de 211 localizacións.

Sobre esta base aplicouse un método de avaliación multicriterio denominado EVAMIX que permite a integración de criterios cualitativos e cuantitativos. Esta técnica instaurouse co software DEFINITE. Como resultado deste proceso, chegáronse a seleccionar as mellores localizacións para o desenvolvemento dese novo modelo de Talasoterapia en Galicia, 18 ámbitos, entre os que seleccionar aqueles que por criterios de oportunidade ou viabilidade se decidan para as intervencións.

Ao mesmo tempo, proponse un PROCESO DE XESTIÓN das actuacións que permita coordinar as competencias das distintas administracións, o papel dos axentes públicos e privados, e as accións que deben levarse a cabo para conseguir a implantación do proxecto.

PGIDIT06CSO014E 2007/2009

Colaboradores: Rafael Crecente (Laborate. USC), Rosa Meijide (UdC), LourdesMourelle (UdV), Silvia González Soutelo (USC), Mónica Crisóstomo (Crecente Asociados), Ana Crecente

www.talasogalicia.com

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais