Novas > Termatalia Arxentina 2014

Formación

Termatalia Arxentina 2014

En 2014, a feira Termatalia tende unha ponte termal entre os dous lados do Atlántico e celebra a súa 14.ª edición en Arxentina. Entre o 2 e o 4 de outubro, a cidade de Termas de Río Hondo será o centro mundial para o intercambio de experiencias empresariais, institucionais, turísticas e sociais do Turismo de Saúde.

Crecente Asociados participa nesta Feira Comercial Internacional mostrando os últimos traballos termais realizados en materia de rehabilitación, obra nova, planificación e consultoría. Invitámosvos a que vos acheguedes ao noso estand (número 87) para descubrir os avances de proxectos coma o Plan Director do Hotel Balneario de Lugo-Termas Romanas, o Estudo de Detalle AI-10 para o conxunto termal das Burgas (Ourense), o Hotel Bodega "Pousada del Salnés" en Meaño ou o Plan Director Ourense Provincia Termal.

Ademais, o IX Encontro Internacional sobre Auga e Termalismo, que terá lugar do 1 ao 3 de outubro, reúne a expertos mundiais de diferentes ámbitos relacionados co termalismo e o benestar. Na mañá do día 1 de outubro, Mario Crecente impartirá un relatorio dedicado á planificación termal a diversas escalas (empresarial, municipal, provincial, nacional e internacional) presentando experiencias realizadas por Crecente Asociados.

Proximamente, proporcionarémosvos máis datos sobre a nosa participación en Termatalia 2014.Ademais, a web www.termatalia.com ofrece información completa sobre a feira, o programa de actos e la inscrición no Encontro Internacional sobre Auga e Termalismo.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais