Novas > Termatalia Arxentina 2014

Planificación

Termatalia Arxentina 2014

Entre o 1 e o 3 de outubro, no marco da Feira Comercial Internacional Termatalia, celebrouse en Termas de Río Hondo (Arxentina) o 9.º Encontro Internacional sobre Auga e Termalismo.

O mércores 1 de outubro ás 12:00, Mario Crecente, Doutor Arquitecto e director de Crecente Asociados, impartiu un relatorio maxistral sobre planificación termal. Na súa intervención, presentáronse experiencias prácticas realizadas por Crecente Asociados e impulsadas dende diversos ámbitos: empresarial (Plan Director do Hotel Balneario de Lugo – Termas Romanas), municipal (Plan Estratéxico de Termalismo da cidade de Ourense - PET.OU), provincial (Plan Ourense Provincia Termal), nacional (Estudo de Vilas Termais de España) e internacional (Estudo de Termalismo en América Latina).

No seguinte vídeo podedes visualizar a presentación proxectada durante a intervención de Mario Crecente.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais