Novas > Atlas Termal de Europa

Investigación

Atlas Termal de Europa

A última Asemblea xeral da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais (EHTTA) tivo lugar o 14 de abril en Karlovy Vary. Neste evento, Mario Crecente presentou o proxecto piloto do Atlas Termal de Europa, na seu primeiro borrador. Esta idea comezou na primeira reunión das cidades termais europeas, cando se recoñeceu a imperiosa necesidade de recompilar e xestionar a enorme cantidade de datos existentes en relación cos recursos e valores das cidades balneario.

Ao noso entender, o patrimonio termal inclúe aspectos naturais, culturais e intanxibles cuxo valor engadido reside na combinación destes tres compoñentes nun ambiente cultural e terapéutico de características únicas.

Con todo, non existe un recurso europeo coordinado que ilustre este fenómeno. Este é o motivo polo que consideramos que existe unha necesidade vital de elaborar unha base de datos termal a nivel europeo. O Atlas Termal de Europa incluirá todos os datos coñecidos sobre cantidade, calidade e valor deste patrimonio termal, e permitirá descubrir que oportunidades ofrece este patrimonio termal aos diferentes sectores de cara ao futuro.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais