Novas > Atlas Termal de Europa

Investigación

Atlas Termal de Europa

O Atlas Termal de Europa presentouse no Parlamento Europeo en Estrasburgo o pasado 15 de setembro nun acto organizado pola Asociación Europea de Cidades Históricas Termais e o intergrupo "Desarrollo del turismo europeo, patrimonio cultural, Camino de Santiago y otras rutas culturales" (Desenvolvemento do turismo europeo, patrimonio cultural, Camiño de Santiago e outras rutas culturais), ofrecido polos membros do Parlamento Europeo Millán Mon e Silvia Costa.

O Atlas de Europa é unha iniciativa para o estudo e a difusión do Patrimonio Termal de Europa. A base de datos está estruturada mediante un sistema de información xeográfica e organizado en 15 categorías (municipio, mananciais, fontes, balnearios, hoteis, vilas, ocio, paisaxismo, servizos, industria, investigación, inmaterial, eventos, imaxe e turismo) para facilitar a comparación a diferentes escalas.

O estudio prototipo desenvolveuse inicialmente no Balneario de Mondariz, España, e en Bath, Reino Unido, x que representan dous casos moi diferentes de cidades termais pola súa escala, historia e tipoloxía, nun proxecto piloto que trata de poñer a proba e demostrar o modelo de datos.

Esta iniciativa naceu no Comité Científico da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais e a Ruta Europea de Cidades Termais Históricas. O proxecto foi desenvolvido por Crecente Asociados en colaboración con un equipo multidisciplinario de expertos en termalismo, patrimonio, paisaxismo, urbanismo e turismo.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais