Novas > Turismo para Todos no Alto Tâmega

Formación

Turismo para Todos no Alto Tâmega

O pasado 20 de xuño, Mario Crecente participou no seminario “Turismo para Todos no Alto Tâmega: Novos Desafios", que tivo lugar en Chaves (Vidago Palace) e Vila Pouca de Aguiar (Pedras Salgadas, Spa & Nature Parque), no marco dunha iniciativa organizada por EHATB – Empreendimentos Hidroelétricos do Alto Tâmega e Barroso, EIM, SA.

Este seminario, orientado a analizar o turismo inclusivo e accesible,  contou coa presenza de oradores nacionais e internacionais de referencia. Durante os dous días que durou o encontro, reflexionouse en torno ás especificidades do Alto Tâmega, o turismo inclusivo, a accesibilidade na oferta, o termalismo, o turismo de natureza e as oportunidades de mercado e internacionalización.

Mario Crecente presentou exemplos de boas prácticas en Galicia, facendo un repaso por actuacións de valorización patrimonial, nova construción e planeamento levadas a cabo por  Crecente asociados, nas que priman a sostibilidade, a accesibilidade e a integración paisaxística.

 

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais