Novas > Workshop Internacional de Paisaxe

Workshop Internacional de Paisaxe

Do 2 ao 6 de marzo celebrouse en Chantada, Lugo, a segunda edición do Workshop Internacional de Paisaxe “Tralas pegadas do Camiño de Inverno nas paisaxes da Ribeira Sacra”, organizado pola Fundación Juana de Vega, co apoio do programa “O teu Xacobeo” e coordinado por Mario Crecente.

Nesta segunda edición o tramo de estudo foi Monforte de Lemos - Chantada, analizado baixo unha metodoloxía teórico-práctica. Nas conferencias participaron expertos en Itinerarios Culturais, Patrimonio Mundial e Paisaxes Culturais, así como especialistas na Ribeira Sacra e o Camiño de Inverno. A parte práctica compúxose de visitas ao territorio e obradoiros, que permitiron coñecer o estado da ruta xacobea, o seu patrimonio cultural e a dinámica das principais actividades económicas do territorio.

O alumnado, distribuído en tres grupos, desenvolveu propostas de intervención para tres dos puntos do Camiño de Inverno visitados. Titorizados pola organización, os alumnos e alumnas desenvolveron ideas para a rehabilitación do patrimonio, a mellora de servizos e o impulso aos produtos locais. O resultado presentouse o último día do Seminario no Auditorio de Chantada, nun acto aberto ao público.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais