Novas > Café of Europe “EHTTA: Aquae urbesque condunt”

Café of Europe “EHTTA: Aquae urbesque condunt”

O pasado 12 de maio a European Historic Thermal Towns Association (EHTTA)  organizou en São Pedro do Sul (Portugal) unha nova edición do Café of Europe. O título específico “EHTTA: Aquae urbesque condunt”, foi tomado da obra Historia Natural de Plinio o Vello e significa “A auga funda cidades”.

O evento centrouse en explorar as orixes de algunhas das cidades históricas termais que hoxe son membros de EHTTA, e como o seu pasado romano constitúe na actualidade un elemento de atracción de visitantes. A sede do evento, os baños romanos de São Pedro do Sul recentemente restaurados, constituíu un marco excepcional para abordar este tema de análise.

Compartimos convosco a conferencia inaugural, realizada por Mario Crecente que, como Vicepresidente do Comité Científico de EHTTA propuxo o tema central para esta edición do Café of Europe. Na primeira parte do vídeo expón os propósitos do evento, presenta as cidades termais identificadas na Tabula de Peutinger e reflicte sobre a oportunidade que supón hoxe o  Patrimonio Termal para a dinamización cultural, social e económica de moitas cidades. Na segunda parte do vídeo podedes desfrutar da sesión de debate final entre todos os participantes.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais