Novas > Plan de Sustentabilidade Turística "Condado Paradanta Destino Enogastronómico"

Plan de Sustentabilidade Turística "Condado Paradanta Destino Enogastronómico"

Por encargo do GDR Condado Paradanta, Crecente Asociados preparou a proposta de Plan de Sustentabilidade Turística “Condado Paradanta Destino Enogastronómico”, para o ámbito dos concellos da Cañiza, Arbo, As Neves, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario, Ponteareas, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño.

Esta iniciativa resultou dotada de 1,5 millóns de euros dentro do Plan Territorial de Enogastronomía de Galicia impulsado pola Xunta de Galicia ao amparo dos Fondos Next Generation, recentemente aprobado na Conferencia Sectorial de Turismo.

Un exhaustivo traballo de documentación, análise territorial e participación foi a base para o desenvolvemento desta proposta que permitirá facer do turismo enogastronómico o elemento tractor do destino Condado –Paradanta, apostando pola conexión sostible de recursos e experiencias e fortalecendo a colaboración público-privada para configurar a identidade turística do destino a través da gastronomía e das paisaxes, patrimonio cultural e tradicións a ela asociados.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais