Proxectos > PLAN DIRECTOR E DE XESTIÓN DA TORRE DE HÉRCULES E O SEU CONTORNO (segunda fase).

PLAN DIRECTOR E DE XESTIÓN DA TORRE DE HÉRCULES E O SEU CONTORNO (segunda fase).

Planificación

Ámbito de actuación: Torre de Hércules (A Coruña) e contorno

Cliente: Concello da Coruña

Temática: Planificación

Descrición:

Realizamos a segunda fase do Plan Director e de xestión da Torre de Hércules e o seu contorno (Management Plan) como Patrimonio da Humanidade, nun equipo no que colaboramos con Ana Goy, José Manuel Doce e Dulce Trigo, e un equipo multidisciplinario, con varios membros de Icomos, unha visión internacional e reputados expertos en cada unha das áreas de traballo.

O plan ten en conta os estándares e normativas sobre a conservación do Patrimonio Mundial, con especial atención aos cinco "C": credibilidade, conservación, capacitación, comunicación e comunidade, coa máis recente da creatividade, e contrastouse coas las administracións estatal e autonómica.

Presenta o mellor coñecemento dispoñible na actualidade sobre o monumento, e propón mecanismos de xestión innovadores e participativos, organizados en tres áreas principais: o coñecemento do Ben e o seu contorno; o manexo do Ben; o Plan de Etapas e o financeiro para asegurar o desenvolvemento e a implantación do mesmo.

A primeira idea que o Plan defende é que a Torre é, antes de nada, dos seus cidadáns, e que eles deben ser os primeiros en coñecela, coidala e valorala. O obxectivo principal do documento é a preservación do ben patrimonial, polo que as propostas permitirán que o concello traballe de forma ordenada e rigorosa na súa preservación. Ademais, incorpora accións de dinamización e promoción que contribúen a un maior coñecemento do monumento e da súa dimensión global. A partir de agora, o documento será analizado polas diversas entidades implicadas ata a súa aprobación definitiva.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais