Proxectos > Plan Especial de Protección das Catedrais

Plan Especial de Protección das Catedrais

Ámbito de actuación: Praia das Catedrais (Ribadeo, Lugo)

Cliente: Concello de Ribadeo

Temática: Urbanismo

Descrición:

O equipo formado por Crecente Asociados, Gau Urbanismo e Arquitectura e o Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) elaborou o Plan Especial de Protección das Catedrais, PE_1, do plan xeral de ordenación urbana municipal, que ten por obxecto contribuír á preservación do patrimonio natural e cultural desta área protexida de singular valor paisaxístico e natural.

Este documento incorpora todas as conclusións e observacións derivadas da avaliación ambiental estratéxica á que foi sometido, así como as prescricións dos informes solicitados a diversos organismos afectados, conforme aos artigos 185 e 186 do Regulamento da Lei do solo de Galicia.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais