Proxectos > Proxecto de nova edificación hoteleira accesible

Ámbito de actuación: Meaño

Cliente: Deputación de Pontevedra.

Temática: Básico e de Execución. Obra nova. Primeiro premio CONCURSO DE IDEAS PARA A SELECCIÓN DUN PROXECTO DE EXPLOTACIÓN E VALORACIÓN ECONÓMICA, CON ESTUDO DE VIABILIDADE, DE CATRO "POUSADAS" A CONSTRUÍR NO SALNÉS (2009).

Descrición:

A "pousada" desenvolve o concepto premiado da salgadura e o viño, e adáptase ao lugar, con dúas premisas, ser accesible para persoas discapacitadas en toda a súa extensión e cumprir os parámetros marcados para un establecemento hoteleiro de cinco estrelas. Coa intención de integrarse no terreo, a "pousada" fragméntase en varios volumes organizados en bancales e conectados entre eles. Desta forma, o edificio aparece coma un conxunto de socalcos ou terrazas do viño. O uso hoteleiro completarase con espazos exteriores de recreación, que albergarán dende áreas de cultivo destinadas ao seu consumo no restaurante e xardíns ornamentais, emparrados ata zonas boscosas.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais