Novas > Reunión de coordinación do libro "A future for the land: cultural landscapes, rural management and geographical information systems. Ribeira Sacra”

Reunión de coordinación do libro "A future for the land: cultural landscapes, rural management and geographical information systems. Ribeira Sacra”

 

A Fundación Juana de Vega organizou os días 8 e 9 de novembro de 2018 na Ribeira Sacra o Workshop internacional  "A future for the land: cultural landscapes, rural management and geographical information systems”  (“Un futuro para o territorio: paisaxes culturais, xestión rural e sistemas de información xeográfica”). Pódese consultar un resumo do citado Workshop neste enlace.

Como continuación ao Workshop, a Fundación Juana de Vega promove a edición dunha publicación en inglés que recolla as súas conclusións, con especial referencia ao caso da paisaxe cultural de Ribeira Sacra. Mario Crecente coordina esta publicación, estruturada en diversos capítulos, a cargo dos expertos internacionais participantes no seminario de novembro, xunto a outros/as autores convidados/as.

Recentemente, mantívose unha reunión de seguimento no Centro do Patrimonio Mundial en UNESCO, na que os autores e autoras compartiron a versión inicial dos seus artigos e acordaron liñas de análise para as versións finais. Tras a entrega dos textos finais e a posterior edición gráfica, prevese que o libro sexa publicado despois do verán, tanto en dixital como en papel.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais