Novas > Ribeira Sacra: Programa MOVES Proyectos Singulares II

Ribeira Sacra: Programa MOVES Proyectos Singulares II

Recentemente comunicouse a recepción da resolución provisional de aprobación da solicitude presentada polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra ao Programa MOVES Proyectos Singulares II, para deseñar e desenvolver a proposta de mobilidade  "La última frontera".

Esta nova supón unha achega de 1,6 millóns de euros por parte do IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía) que, sumado ás aportacións doutros organismos, permitirán implementar unha rede intermodal, intelixente e sostible de transporte eléctrico no corazón da Ribeira Sacra nun prazo de 24 meses.

Este logro marca un novo horizonte no futuro da mobilidade na paisaxe cultural da Ribeira Sacra, consolidando as liñas establecidas no Plan de Sostibilidade Turística Ribeira Sacra e no Avance do Plan de Mobilidade Sostible Ribeira Sacra, proxectos nos que traballou Crecente Asociados e cos que se aliña a proposta presentada á convocatoria do Programa MOVES. Nas imaxes que acompañan este texto, compartimos algúns estudos realizados polo noso equipo e lembramos a Xornada de Mobilidade Sostible celebrada en Santo Estevo en xuño de 2021.

 

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais