Novas > Via Castrorum

Proyectos

Via Castrorum

Con motivo do concurso de proxectos con intervención de xurado para as obras de restauración e musealización dos xacementos galaico-romanos da provincia de Pontevedra convocado pola Dirección Xeral de Arquitectura Vivenda e Solo, Crecente Asociados elaborou a proposta de ruta turístico-cultural "Via Castrorum". Esta ruta global dividíase, á súa vez, en rutas comarcais para favorecer o deseño de experiencias á medida dos habitantes, visitantes e turistas/peregrinos.

A ruta materializábase nunha variante web e noutra variante rodada, prevendo para este último caso dúas posibilidades: a ruta escénica ou pintoresca e a ruta cicloturista ou sendeirista. A información da web completábase in situ grazas ao desenvolvemento da proposta de sinalización, dotada dun sistema de códigos QR/NFC/WEB e complementada por un programa de fidelidade.

Para cada xacemento, en base á imaxe de marca, deseñábase un proxecto de musealización composto de 7 elementos principais, adaptable para á súa máxima integración paisaxística. Este proxecto, ademais de dar resposta ás necesidades básicas da visita, como son o acceso (túnel do tempo), o deseño do itinerario ou a delimitación de zonas de libre recorrido; proporcionaba ao visitante unha auténtica experiencia, a partir da reprodución física de achados, de traballos de restitución arqueolóxica, do uso de tecnoloxía de recreación 360º e da dotación de miradoiros interpretativos que relacionaban o xacemento co seu contorno.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais