Novas > Actividade do Proxecto DAAD en Pforzheim

Actividade do Proxecto DAAD en Pforzheim

Entre o 14 e o 18 de marzo de 2022, Mario Crecente, como Presidente do Comité Científico de EHTTA, viaxou a Pforzheim (Alemaña) e Baden-Baden para asistir a unha actividade organizada con motivo do proxecto DAAD.

Mario Crecente participou no evento impartindo o relatorio Turismo Termal. Ademais, puxo en contacto á Hochschule Pforzheim, EHTTA, e á Universidade da Coruña, onde imparte clases, facendo posible a organización de clases e visitas.

Durante os cinco días que durou a actividade, os estudantes asistiron a conferencias, reunións con xestores de compañías para comprender o uso das augas termais e visitas guiadas a cidades cun importante patrimonio termal, como Baden-Baden (membro de EHTTA e de GSTE).

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais