Crecente Asociados na revista Spa Business
Crecente Asociados é a única compañía española incluída na lista de consultores e na de arquitectos/deseñadores de balnearios do manual Spa Business 2020 – 2021.
Agradecemos ao equipo desta revista, unha das máis prestixiosas do sector a nivel global, que nos tomara en consideración para o seu último número.
A nosa presenza nesta revista remóntase a 2018, cando compartimos co seu público a nosa experiencia nos campos da arquitectura, o patrimonio e o turismo termal.