Novas > Declaración da Ribeira Sacra sobre Paisaxes Culturais da Auga

Declaración da Ribeira Sacra sobre Paisaxes Culturais da Auga

Acaba de ser publicada a Declaración da Ribeira Sacra sobre Paisaxes Culturais da Auga, un texto que, recoñecendo o valor da auga como elemento que estrutura as paisaxes, formula unha serie de recomendacións dirixidas ás diversas partes interesadas, entre as que se atopan a UNESCO, os organismos asesores, a FAO e os gobernos e as administracións públicas.

A Declaración foi aprobada con motivo do Encontro Internacional “Waterscapes – Paisaxes da auga: unindo o pasado co futuro”, organizado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e celebrado en Ribeira Sacra os días 6, 7 e 8 de novembro de 2023.

O texto da declaración pode ser consultado e descargado na web waterscapesribeirasacra.com, na que tamén se pon a disposición das persoas interesadas o contido do programa do evento celebrado en Santo Estevo de Ribas de Sil no  mes de novembro.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais