Novas > Estudo de Detalle da Área de Intervención AI 10

Planificación

Estudo de Detalle da Área de Intervención AI 10

O pleno do Concello de Ourense, na sesión ordinaria do día 7 de xuño do 2013, adoptou aprobar definitivamente o Estudo de Detalle da Área de Intervención AI 10, incluído no Plan Especial de Protección do BIC con categoría de sitio histórico do conxunto das fontes termais das Burgas e o seu contorno delimitado.

Este estudo de detalle, encargado polo Concello de Ourense en Febreiro de 2012, formula unha hipótese de funcionamento do conxunto a través dos diversos volumes que se propoñen, integrándoos nunha complexa topografía, recualificando a ribeira do Barbaña e respectando os principais edificios históricos. Na súa redacción pártese dunha lóxica termal, hoteleira e asistencial, na pescuda de acadar o primeiro centro termal da cidade e cumprir, desde xeito, co obxectivo fundamental do Plan Especial e do PET.OU.

Realizamos este traballo en colaboración con Manuel Seoane Feijoo Arquitecto,  Celso Rodríguez Cao Arqueólogo, e Marta Rodríguez Vázquez Arquitecta, e a equipa de Crecente asociados. 

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais