Novas > Imaxe histórica do Balneario de Lugo e o seu contorno

Investigación

Imaxe histórica do Balneario de Lugo e o seu contorno

Dentro do proxecto de investigación Torres Quevedo do MINECO que desenvolvemos coa nosa compañeira a arqueóloga Silvia González Soutelo, estamos recompilando imaxes históricas do Balneario de Lugo e o seu contorno.

Esta imaxe, conservada na Biblioteca Nacional, presenta a relación do edificio do século XIX co río Miño, a ponte romana e "a volta da viña", camiño que o comunicaba co centro da cidade histórica.

Seguimos traballando na publicación dunha monografía exhaustiva e novidosa sobre o Balneario de Lugo e os seus valores patrimoniais, de cara á súa posta en valor e difusión, contando coa colaboración dos principais especialistas na materia e os mellores coñecedores do edificio e o seu contorno.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais