Novas > Presentación Plan Director Santa Trega. A Guarda.

Planificación

Presentación Plan Director Santa Trega. A Guarda.

O Pasado dia 22 de novembro presentamos no Concello de A Guarda o Plan Director da Península do Monte Santa Trega,encargado no seu momento pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, da Xunta de Galicia, nun acto presidido polo Alcalde de A Guarda  José Manuel Domínguez Freitas, e polo Director Xeral de Patrimonio Cultura, Xosé Manuel Rey Pichel e numerosos veciños da vila.

A presentación correu a cargo do Director do traballo, Mario Crecente Dr. Arquitecto, e tamén de diversos membros do equipo como o catedrático Hermelindo Portela, o director do Laborate da USC Rafael Crecente, do arqueólogo de Terra Arqueos, Luís Francisco López, ou o historiador local, Joaquin Miguel Villa.

A presentación fixo fincapé na calidade e cantidade dos recursos patrimonias, e culturaisque o Monte atesoura, e que se destilan nunha paisaxe cultural excepcional, e na oportunidade que representa a súasituaciónestratéxica, a súas potencialidades e demanda turísticas, e a celebración do centenario da Sociedade Promonte, verdadeira impulsora do lanzamento do Monte, como fenómeno, cultural e social.

As fotografía que acompañan foron cedidas polo Concello de A Guarda

O enlace web corresponde a páxina www.infomiño.com

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais