Novas > Rehabilitación e Adaptación do contorno do edificio Santo Anxo. Ourense.

Proyectos

Rehabilitación e Adaptación do contorno do edificio Santo Anxo. Ourense.

O pasado mes de xuño, entregamos o Proxecto de Rehabilitación e Adaptación do contorno do edificio Santo Anxo.

O ámbito de intervención deste proxecto sitúase no barrio do Couto, no Concello de Ourense, e comprende as calles: Ervedelo, Vila Real e Ensino, así coma o patio que se atopa entre o edificio Santo Anxo e a Avenida de Portugal. Como froito do traballo de análise incorpóranse as dúas vías perpendiculares a Ensino, a rúa Goya e a vía de unión coa calle Dalí.

Proponse a posta en valor de dous inmobles, o edificio Santo Anxo, obra do arquitecto Váquez Gulías, e o edificio da Fundación Villanueva (rehabilitado na actualidade como centro de servicios municipal), mediante a intervención e adaptación dos espazos públicos que os rodean, conseguindo unha imaxe homoxénea de conxunto, unha mellora da calidade do espazo público e unha cidade máis amable.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais