Novas > Retirada da pasarela do Parque do Pasatempo

Retirada da pasarela do Parque do Pasatempo

Na madrugada do día 16 de novembro levouse a cabo pola empresa Ferreiro a retirada da pasarela de acceso ao Parque do Pasatempo en Betanzos, baixo proxecto e dirección de obra de Crecente Asociados e Ana Gallego como dirección facultativa, nunha actuación promovida pola Dirección Xeral de Turismo.

A intervención aparece recollida no Plan director recentemente aprobado, como paso previo necesario para a restauración, da gruta e do estanque da gruta, o elemento máis afectado por anos de abandono, e coas máis severas patoloxías estruturais.

A desmontaxe afectou a unha lonxitude total de 50 m e 10 m de altura máxima, incluíndo dous pares de soportes, e a escaleira anexada nunha última intervención; esta obra completarase coa instalación dun miradoiro panorámico na Pasarela sobre o Parque.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais