Novas > Reunión en Saratoga Springs

Reunión en Saratoga Springs

Mario Crecente, vicepresidente do Comité Científico de EHTTA, asistiu o 2 de maio a unha reunión en Saratoga Sprinks (Estados Unidos) coa alcaldesa da cidade, a directora da Oficina de Parques do estado de New York e o Presidente de Discover Saratoga.

Durante a reunión, Mario Crecente presentou a Asociación e o Itinerario Cultural de Cidades Termais Históricas. Ademais, fixo referencia a dous eventos relevantes que se celebrarán en 2019: o décimo aniversario da rede e a segunda edición do Día Europeo do Patrimonio Termal. Asemade, anunciou que EHTTA está a analizar a posibilidade de organizar un evento de presentación nos Estados Unidos en 2021.

Durante a reunión, os participantes falaron tamén sobre a conexión entre Saratoga Springs e Europa. Foi nesa cidade onde o doutor Simon Baruch (o principal defensor dos baños públicos urbanos en beneficio da saúde pública nos Estados Unidos) alentou o desenvolvemento de balnearios ao estilo europeo.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais