Novas > Waterscapes: unindo o pasado co futuro

Waterscapes: unindo o pasado co futuro

Os días 6, 7 e 8 de novembro de 2023, Ribeira Sacra acolleu o Encontro Internacional “Waterscapes – Paisaxes da auga: unindo o pasado co futuro”, organizado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e que contou coa participación de representantes da UNESCO, ICOMOS e IUCN, ademais de con expertos do ámbito académico, xestores de sitios do Patrimonio Mundial e membros de diversas iniciativas ao redor dos valores da auga.

Mario Crecente actuou como condutor da sesión 3 “Os saberes tradicionais como base do futuro”, na que se reflexionou sobre as paisaxes fluviais como espazos de converxencia cultural, así como sobre a necesidade de poñer en valor os coñecementos tradicionais asociados coa xestión da auga e sobre os significados espirituais e simbólicos dos paisaxes da auga. Asemade, Mario Crecente coordinou a visita ao territorio realizada o 8 de novembro.

No marco deste Encontro procedeuse á aprobación da Declaración de Ribeira Sacra, que anima a preservar, difundir e poñer en valor o patrimonio cultural vinculado á auga; a seguir promovendo diálogos intersectoriais, foros e contribucións científicas específicas; e a ampliar o coñecemento actual sobre os paisaxes da auga como sitios que combinan biodiversidade agrícola, ecosistemas resilientes e un valioso patrimonio cultural.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais