Novas > Avance de formulario para a candidatura de Ribeira Sacra como ben da lista do Patrimonio Mundial

Consultoría

Avance de formulario para a candidatura de Ribeira Sacra como ben da lista do Patrimonio Mundial

Entre abril e xuño, Crecente Asociados realizou para a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, os traballos de dirección e xestión do Avance de formulario para a candidatura de Ribeira Sacra como ben da lista do Patrimonio Mundial da UNESCO.

A Ribeira Sacra, incluída na Lista Indicativa do Patrimonio Mundial desde 1996, é o ben español que máis tempo leva na devandita lista.  Para promover a súa declaración e, en base aos criterios establecidos nas Directrices Prácticas para a aplicación da Convención do Patrimonio Mundial, é preciso desenvolver unha análise multidisciplinar que identifique e presente o ben, o seu Valor Excepcional Universal (VUE), a súa integridade e a súa autenticidade.

Unha parte dos traballos encargados, Crecente Asociados orientouse ao estudo dos bens integrantes da Lista do Patrimonio Mundial e da Lista Indicativa, así como doutras candidaturas de Paisaxes Culturais. Compartimos algunhas imaxes e gráficos.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais