Novas > Día Europeo do Patrimonio Termal (Spa, 12 Outubro)

Día Europeo do Patrimonio Termal (Spa, 12 Outubro)

En 2018 o Comité Científico de EHTTA estableceu o 12 de outubro como o Día Europeo do Patrimonio Termal. A cidade elixida para acoller a primeira edición foi Budapest, coincidindo co 100º aniversario do Hotel Gellért. En 2019, a segunda edición celebrouse en Spa (Bélxica), xusto tras a Asemblea Xeral de EHTTA.

Este evento contou cunha sesión de apertura, seguido dun panel de conferencias no que se presentaron casos de boas prácticas e dúas mesas redondas. Na primeira, "Memorias", os participantes falaron sobre a evolución da actividade termal nas últimas décadas. Durante a segunda, "Patrimonio Termal e Futuro", representantes das novas xeracións debatiron sobre o futuro do sector desde diferentes perspectivas.

Con ocasión deste evento, o Comité Científico presentou o libro "Spa: a concept to be re-defined"(Spa: un concepto a redefinir), unha reflexión sobre o significado da palabra "spa" nos distintos idiomas, os termos existentes para referirse ás augas mineromedicinais e como  os recursos termais son protexidos polas diversas lexislacións nacionais.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais