Novas > A clave está en Montefaro

A clave está en Montefaro

O pasado sábado día 16 de outubro tivemos a sorte de poder presentar no Mosteiro de Santa Catarina de Montefaro un dos traballos adiados pola COVID-19.

Ca presenza de membros municipais do Concello de Ares, veciños e persoas interesadas na historia do Mosteiro, Mario Crecente e Rubén Santiago expuxeron xunto co equipo de historiadoras composto por Dolores Fraga e María Luz Ríos, o estudo histórico e os debuxos que permitiron recrear a desaparecida portada gótica do Mosteiro.

Con base no estudo das pezas existentes no Cabido de Montefaro e no Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón da Coruña, e nas referencias históricas que aportou o equipo de historiadoras, Crecente Asociados puido establecer unha hipótese de portada que o debuxante Ricardo Pérez levou a imaxe. Todo elo, foi historiado nun cómic que repasa os feitos máis importantes da historia do Mosteiro dende a súa orixe ata os nosos días.

Finalmente, esta documentación formará parte da web do Cabido de Montefaro, para que poida ser consultada, e quen sabe se tamén pode dar pé á aparición de novas pezas hoxe desaparecidas pero debuxadas a modo de hipótese.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais